Por GC Emprende | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2019 | Actualizada ás 10:44
O programa formativo 'Rescatadores de Talento', que ten como obxectivo promover a empregabilidade da mocidade, está tendo lugar durante esta semana en Compostela. O Centro de Desenvolvemento que inicou este proxecto xurdiu dunha colaboración entre a empresa Viaqua e a Fundación Princesa de Girona.
SUEZ é unha das empresas que participa activamente en 'Rescatadores de talento'. Neste caso, Viaqua decidiu involucrarse no proxecto recibindo en Santiago de Compostela a 11 mozos e mozas procedentes de toda España cun obxectivo: axudarlles a atopar o emprego para o que estudaron.
Durante dúas xornadas formativas, traballadores e traballadoras de Viaqua e de Cetaqua compartiron coñecementos sobre a xestión do ciclo integral da auga, a investigación e innovación no sector da auga e medio ambiente.
A parte práctica das xornadas estivo marcada pola visita ao laboratorio da Unidade Mixta CIGAT, formada por VIAQUA, CETAQUA e GAIN; simulacións de entrevistas profesionais, dinámicas grupais e un debate sobre a empregabilidade no sector, onde os participantes compartiron as súas dúbidas á hora de enfrontarse a un proceso de selección.
O Centro de Desenvolvemento, levado a cabo por Viaqua, finalizou con visitas ás instalacións da empresa en Santiago, á ETAP do Tambre e á EDAR de Aríns, co obxectivo de experimentar de primeira man os conceptos tratados o día anterior.
O programa 'Rescatadores de Talento' permite á xuventude, con formación superior, vivir experiencias empresariais in situ, deseñadas polos departamentos de RR. HH. das empresas. O programa, ademais, concede axudas á mobilidade para que os rexistrados poidan desprazarse á cidade onde se organiza a formación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.