Carolina Bescansa: "Se nós non deramos este paso, unha parte importante do voto progresista absteríase"

A cabeza de lista de Más País pola Coruña participou nunha entrevista realizada por alumnado de Xornalismo na USC. A candidata explicou os puntos estratéxicos do partido en Galicia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPSOTELA | 11/10/2019 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

A cabeza de lista da candidatura pola Coruña de Más País, Carolina Bescansa, afirmou este venres que o partido de Íñigo Errejón irrumpe no panorama político por unha "decisión de responsabilidade": "se nós non deramos este paso, unha parte importante do voto progresista absteríase", comenta Bescansa. Deste xeito, preséntanse como unha "proposta contra esa abstencións" e "para garantir un goberno de progreso". 

Carolina Bescansa, na Facultade de Ciencias da Comunicación (USC)
Carolina Bescansa, na Facultade de Ciencias da Comunicación (USC)

Bescansa participou na mañá deste venres nunha entrevista realizada por alumnado de Xornalismo e celebrada na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela. A candidata aproveitou esta ocasión para defender a universidade pública e recoñecer "os esforzos que fai o profesorado" a prol desta defensa. Cualificou o labor destes profesionais como un "exercicio de xenerosidade" por explicar na práctica como é que funciona o Xornalismo e a Televisión. 

Explicou, ademais, que as liñas estratéxicas do partido en Galicia versarán sobre catro eixos: o gran acordo verde e ecolóxico para a transición enerxética, a loita contra o machismo, a fronte contra a emerxencia medioambiental e a transformación do mercado de traballo vinculado á transición enerxética e a derrrogación da reforma laboral. O obxectivo, segundo di, é "poñer fin á gran marea de rapaces e rapazas que seguen saíndo do país".

"Agradecida" pola acollida, Bescansa afirmou perante os medios neste primeiro acto de toma de contacto que comezarán a campaña presentando o "gran acordo verde", eixe programático de Más País, que aposta por unha "visión integral" cara a transición enerxética e do modelo produtivo.

Respecto da proposta de Rivera a Sánchez e a Casado de pactar certas reformas de Estado por escrito antes das Eleccións, Carolina Bescansa pregúntase "por que son posibles agora cousas que non foron posibles no pasado". Considera, ademais, que ata que non aclaren como se constrúe un goberno, falar de políticas concretas é "unha tomadura de pelo". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

1 GALIZA NAZON!!!

progresía de pro de dominación española, son eles os que provocan a abstención a xente xa ten noxo de tanta pantomima horrísona, psicoloxicamente o pobo esta afundido na miseria, na miseria do AGE, na miseria de ANOVA, na miseria do podremis, na miseria da mareante e por si fora pouco agora pariu a aboa... o líder de MAS MADRID a facer mais colonia na Galiza, coma si non houbesemos tido os galegos suficiente... AQUI ESTA "OREJON" AQUI ESTAN OS SEUS APROBEITADORES... xente aprobeitada que soamente busca o benefiico propio e rirse dos demais!!!