Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2019 | Actualizada ás 17:21
A Xunta abre o prazo para facer achegas ao anteproxecto de lei que creará unha empresa pública para xestionar o ciclo completo da auga, nun período de información pública ata o 5 de novembro.
O Goberno galego arrincou a pasada semana a tramitación deste anteproxecto que busca unha xestión profesional do ciclo completo da auga, co obxectivo de axudar aos municipios no abastecemento e saneamento, así como abaratar os custos.
A empresa será cento por cento pública e a adhesión será voluntaria para os concellos nos servizos que soliciten. A Xunta terá a maioría do capital, mentres os municipios e as deputacións decidirán se se adhiren ou non. Así mesmo, busca establecer tarifas unitarias para todos os concellos de Galicia por cada metro cúbico de auga depurada ou abastecida.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.