Yolanda Díaz cre que a candidatura de Más País non terá impacto nos resultados de Unidas Podemos en Galicia

O 'número un' de En Común-Unidas Podemos por Pontevedra di que "non hai ningún obstáculo pola presentación do partido da señora Bescansa".

Por E.P. | A CORUÑA | 18/10/2019 | Actualizada ás 15:08

Comparte esta noticia

A 'número un' de En Común-Unidas Podemos por Pontevedra, Yolanda Díaz, minimizou o posible impacto que poida supor para a súa candidatura a plataforma Más País de cara ás eleccións do próximo 10 de novembro. "Non hai ningún obstáculo pola presentación do partido da señora Bescansa", asegurou.

Yolanda Díaz
Yolanda Díaz | Fonte: Galicia en Común.

A política ferrolá pronunciouse deste xeito ao ser preguntada por unhas declaracións á TVG da candidata de Más País pola Coruña, Carolina Bescansa, nas que aseguraba que só se presentan naquelas circunscricións —A Coruña e Pontevedra— onde a súa presenza non debilite a esquerda.

"Todas as enquisas dan un crecemento forte á candidatura que represento e mesmo estamos en bastante mellor posición que nas pasadas eleccións", dixo Díaz.

Descartou que a presentación da plataforma liderada por Íñigo Errejón vaia afectar os resultados da súa formación tanto na provincia da Coruña como en Pontevedra, onde —asegura— Galicia en Común ten "moita marxe de voto". "Terían que caer tres deputados antes que nós", engade.

A deputada de Galicia en Común mostrouse tranquila no caso de Galicia, pero si recoñeceu estar "preocupada" pola afección do partido de Iñigo Errejon noutras provincias españolas: "Non lastra ao PP ou a VOX, senón que lastra primeiro ao PSOE ou poida que a nós", manifestou.

"Lonxe de axudar, a dispersión do voto da esquerda pode coadxuvar en moitas circunscricións, que non é o caso de Galicia, a que se entregue o deputado ao PP", indicou Yolanda Díaz.

"HAI QUE XOGAR A PARTIDA"

Así mesmo, Díaz volveu mostrar a súa desconformidade coa celebración destas eleccións xerais, que cualifica como as "máis inútiles que se van a producir na historia da democracia española". Pero ao mesmo tempo opinou que son "moi importantes" porque "nos xogamos volver ao bipartidismo".

Por iso, chamou á participación cidadá nos próximos comicios: "É moi importante que nos impliquemos nestas eleccións". "Hai que xogar a partida, hai dúas formacións que crecen unha é o PP e outra é a nosa, mentres que o PSOE perde puntos", dixo Díaz.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Gamela

efectivamente en Pontevedra non queda outra que votar aos arribistas de EsquedaUnida? xa teñen unha sede moi céntrica e cara grazas aos apaños entre Rubén da Marea de Vigo, Eva Solla a lideresa "comunista" e, of course, a deputada que visita ao Rei en Zarzuela !!! Unha pandilla de VIVIDORES! https://twitter.com/GamelaNova/stat...

1 Gaiker

Villaristas e pontonistas a desafogar frustracións en 3, 2, 1...

1 Fufu

Parece que o único frustrado qud anda por aquí es ti

2 Sentidiño

Afortunadamente, sempre nos quedará Gamela!

3 Gamela

Sentidiño, cánto cres que tardará Yolanda en pillar cargo no PSOE ? https://twitter.com/GamelaNova/stat... Aquí todos "descarrilan" que dá gloria !!!