Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2019 | Actualizada ás 14:21
A X Asemblea da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) escollerá ao novo presidente e xunta directiva da entidade o próximo 29 de novembro, día no que dará comezo unha nova etapa de mandato na Federación que abaracará de 2019 a 2023.
Así o anunciou este mércores o presidente da Fegamp e alcalde do Barco de Valdeorras (Ourense), Alfredo García, que o próximo novembro pechará os cinco anos a cargo da organización durante os que tratou de "pór en valor o poder local".
O edil do municipio ourensán explicou que na X Asemblea presentarase unha memoria destes cinco anos, cunha valoración dos "avances" que se conseguiron e do que queda por facer. En todo caso, destacou "o valor" dos gobernos locais e a súa "valentía" para enfrontar "os problemas" que xurdiron a raíz "da crise económica" e que seguen afectando.
Respecto dese período, García lembrou que desde aquela a política local fíxose cargo de moitos asuntos "fosen ou non competencia municipal", á vez que non esquece que "as localidades son a primeira porta" á que chama a veciñanza para "resolver os seus problemas".
Ademais, subliñou "as colaboracións que existiron durante este cinco anos" entre as localidades e tamén con outras administracións, unha "caracterísitica fundamental" do municipalismo "desde sempre".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.