Investigadores galegos visualizan por primeira vez a estrutura dunha molécula de kekuleno

Lográrono, segundo informa a USC, corenta e un anos despois da primeira síntese en 1978 de kekuleno.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2019 | Actualizada ás 21:39

Comparte esta noticia

Un equipo formado por catro investigadores do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade de Santiago de Compostela (CiQUS) foi capaz de, por primeira vez, visualizar a estrutura dunha molécula de kekuleno con precisión atómica.

Logrouno, segundo informa a USC, corenta e un anos despois da primeira síntese en 1978 de kekuleno, cuxa historia se retrotrae a finais do século XIX, cando un químico alemán descubriu a estrutura do benceno, sentando as bases para comprender a estabilidade dos chamados 'compostos aromáticos'.

Máis dun século despois, os científicos François Diederich e Heinz A. Staab publicaron na revista Angewandte Chemie a primeira síntese dun novo composto ao que chamaron kekuleno en honra a Kekulé, pola similitude estrutural coa molécula de benceno.

Agora, o traballo de Dolores Pérez, Iago Pozo, Enrique Guitián e Diego Pena, do CiQUS, alcanzado en colaboración co grupo do investigador Leo Gross no IBM Research Zúric (Suíza) e co apoio computacional de Manuel Melle-Franco na Universidade de Aveiro (Portugal), foi publicado na revista Journal of the American Chemical Society.

Laboratorio do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiales Moleculares (CIQUS)
Laboratorio do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiales Moleculares (CIQUS)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta