A caixa forte de Galicia

Estes días despertabamos ca nova de que O Sr. Presidente da Xunta "pide tempo antes de investigar a xestión da caixas galegas".

Por José Palacín | Porriño | 16/06/2012

Comparte esta noticia
En realidade esta a pidir tempo para salvala a sua gorxa porque para o CDL de Galicia él é o primer responsable político desta situación. Tan so fai 18 meses a ó noso Presidente enchíaselle a boca o falar da CAIXA FORTE GALEGA, o referirse o producto da fusión entre Caixa Nova e Caixa Galicia.   
 
Non se equivocou, o grotesco subproducto enxendrado pola fusión, polas regras do mercado, pola improvisación do seu Goberno e o Central do Sr. Zapatero, e agora do Sr. Rahoy, pola neglixencia do Banco de España e pola ineptitude e avarenta codicia dos directivos foi, efectivamente UNHA CAIXA FORTE, da cal ninguen posue a combinación para poder retiralos cartos, sobre todo das Preferentes. 
 
Pero parece que nesa Caixa Forte Galega o Sr Feijoo pretende pechar tamén os segredos desta xestión.  O Goberno Popular non so lle basta con permitir caralladas de mal gosto nas bocas dos dirixentes de Novagaliciabanco como que "indemnizarán so os titulares de Preferentes que demostren ser víctimas de  enganos"  senón que pretenden ca xustiza e as comisións políticas calen como petos nunha ladroiza que ven extendida dende mediados dos anos 90.   
 
O Sr. Feijoo considera que pode conter esta lodeira ata que pasen as Elección;  Sr. Feijoo, por favor, a sua obriga como Presidente Autonómico e defender ós  aforradores; e non llo digo con retranca;  diríxase o Sr. Rajoy, o que lle acaba de tocar o Euromillón, ¡100.000.000!.  Pídalle sequera un 1% pra indemnizar os afectados das Preferentes galegas. A Bankia xa llos deu; ¿ou é acaso o Sr. Rodrígo Rato e máis amigo del que vostede?  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
José Palacín Nado en Porriño (Pontevedra) en 1966. Licenciado en Xeografía, Historia e Arquivística e Historia das Institucións e, actualmente, estuda Ciencias Políticas pola UNED. Entra en política no ano 1984 da man de Francisco Moldes, logo deputado de CDS en Madrid. Foi secretario do ex acalde do PPdeG, Manuel Barros, e no 2007 lánzase a montar a candidatura do CDL en Vigo, que el mesmo encabeza. En xuño de 2010 é nomeado presidente do CDL en Galicia.