O Sr. Ministro impuxo ás comunidades autónomas un novo obxectivo de déficit para o 2013 do 0,7%. Un 30% menos de déficit do previsto inicialmente.
Varios representantes de Comunidades, entre elas moitas gobernadas polo PP, expresaron o seu rexeitamento a este recorte de 4 décimas sobre o 1,1% que estaba previsto ata agora para este ano
É normal a devandita oposición posto que hai tan só unhas semanas que se aprobaron os Presupostos Xerais do Estado e dende o (equipo económico con minúsculas) do Goberno xa se está a rectificar.
Non obstante dende a Xunta emitiuse un eufemisticamente denominado " sí crítico". Está claro que o Sr. Feijoo cre necesitar todo o apoio do Sr. Rajoy e da cúpula do Partido cara aos Comicios de marzo 2013.
Aínda que sexa de forma egoísta o Sr. Feijoo debería pensar que nestes momentos o desembarco de lideres nacionais en Galicia, e especialmente de D. Mariano Rajoy, é un prexuízo para os seus intereses electorais posto que Rajoy xa non ten nin a máis mínima credibilidade. Por que?
1) En Ciencia Política existe o que se denomina o Paradigma de Goberno de Partido Responsable. Consiste en que todo Goberno debe cumprir, en líñas xenerais, o programa electoral que formula como partido nunhas eleccións. É certo que un programa electoral non é un contrato legal pero se moral e unha guía para que os cidadáns orienten o seu voto en democracia. O PP, sobre todo en materia económica, o saltou a toreira co cal se instituíu un precedente de incumprimento intencionado que dana a imaxe do sistema democrático en se mesmo e que pode xerar nun futuro gran desorientación, apatía, cinismo ou desafección entre os vatantes. E a imágen que personifica este grande engano (IVA, Impostos indirectos, inflacción, etc...) é a de Mariano Rajoy.
2) Por que o Partido Popular dende a oposición acusaba ao Goberno do Sr. Zapatero de improvisación e deriva, a cal existía, pero no seu Executivo teñen se cabe máis improvisación e froito diso son os anuncios dos mércores que efectúa o Sr. Presidente e as matizacións dos venres tras os temidos Consellos de Ministros.
3) O que se detectou a sociedade española é a determinación do PP, baixo a escusa do mandato da Merkel, de fulminar a Sociedade do Benestar e de limitar ao máximo as garantías democráticas, aplicando políticas moi similares ás dos Neocoms Republicanos de EEUU. Trátase dunha política utilitarista das persoas en favor dos oligopolios. E o Político que lidera este Tea Party Global Español é o Sr. Rajoy.
Así que o Sr. Feijoo, o cal repetidamente parece demostrar que só lle importa a súa carreira política, equivócase ao dicir " sí wuana" ao seu xefe. Ao Sr. Presidente da Xunta máis valeríalle dicir NON ao Sr. Rajoy e ao mellor os cidadáns galegos contáxianse da Síndrome de Tomás Gómez, (o que dixo non a Zapatero), e de paso déixanos recompoñernos un pouco de tanto tesoirada.