Os navegantes da Extrapolación

Tras unha victoria cantada de CIU e un afundimento anunciado do tripartito, parece que o cambio de Goberno na Generalitat é do menos.

Por José Palacín | Porriño | 04/12/2010

Comparte esta noticia

Nestas primeiras horas posteriores as Eleccións o Parlament de Catalunya tódolos analistas escomenzaron a debater sobre a conveñencia ou non de extrapólalos resultados.

Durán I Lleida nada máis sair a coberta dicía que sentía moito favorecer ó Sr. Zapatero pero que os resultados dos comicios deberían ollarse soamente en chave catalana.

O PSC votoulle a culpa a crise económica co cal curiosamente tenta involucrar o Goberno da Nación, mentras que dende Ferraz acúsase  da debacle as ventoleiras da alianza do tripartito, co que voltamos as tesis de non extrapolación.

Se agora vemos o outro lado do espectro político atendendo a analise da dereita, atopamos que a candidata Popular Alicia Sánchez Camacho e o propio Mariano Rajoy  falan destes resultados  como dunha premonición da desfeita do Partido Socialista en futuros  enfrentamentos. Ou sexa, que dende o PP e os seus medios afíns tamén se extrapola.

Permítánme que eu opine que anque todos teñen algo de razón, ningún deles é dono dunha verdade absoluta.  Sen embargo todos estes razoamentos si que gardan un denominador común: o interés propio.

CIU tenta non extrapolar datos porque con unhas declaracións bombardeiras  debilitaría máis ó xa de por si esnaquizado esquife do mariñeiro de auga doce da Moncloa. Durán I Lleida, que é un avespado timonel,  marca o rumbo e así o seu partido fuxe dunhas Eleccións Xerais anticipadas. 
Nestes intres de celebrarse comicios CIU corre o risco de que o PP obteña unha maioría absoluta co cal a sua bandeira do Estatut baixaría do mastro e a tempada de pesca do bacallao en Madrid voltaría cas redes baleiras.
CIU agarda a unha mellora económica pra finais de 2011 e comenzos de 2012 que conleve un reflote do PSOE e así evitar a maioría absoluta de Rajoy. Eso lles permitiría duas cousas: 1) gañar tempo baixo a éxida dun  Goberno  Central  deble  pra  enarbolala  bandeira  do  Estatut  e 2) atoparse tralas vindeiras Eleccións Xerais cas redes artelaldas pra palangerar do esquilmado fondo Estado competencias pra Generalitat.
Os antagónicos  plantexamentos que manteñen sobre a extrapolación o Partido Socialista e a súa filial en Catalunya son sinxelamente froito  do sálvese quen poida dentro dunha organización a deriva que so fai colar balas de canón a babor e estribor.  Como se di no argot mariñeiro, as ratas son as primeiras en abandoalo barco.  

Pola sua banda  o PP segue na súa líña de torpedear o buque socialista con toda a tipoloxía armamentística.  A dereita está a escachar proxectiles  directos a liña de flotación de ZP como a desta análise de extrapolación pero tampouco dúbida en usar cargas de profundidade  como son as de poñer en entredito a solvencia española diante dos mercados internacionais.  

En fin que tódolos navíos que surcan os mares da política española son moi diferentes, os temos moi ben pertrechados como o PP, os temos con capacidade de resistencia como o do PSOE,  e tamén de maniobra de acción rápida como o iate de luxo de CIU, pero todos adolecen dun defecto en común, fáltanlles a todos eles un vixía pra avistar terra;  e así van, a deriva.   

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
José Palacín Nado en Porriño (Pontevedra) en 1966. Licenciado en Xeografía, Historia e Arquivística e Historia das Institucións e, actualmente, estuda Ciencias Políticas pola UNED. Entra en política no ano 1984 da man de Francisco Moldes, logo deputado de CDS en Madrid. Foi secretario do ex acalde do PPdeG, Manuel Barros, e no 2007 lánzase a montar a candidatura do CDL en Vigo, que el mesmo encabeza. En xuño de 2010 é nomeado presidente do CDL en Galicia.