Ofrenda floral para Antonio Fraguas no 20 aniversario do seu falecemento

Está organizada polo Museo do Pobo Galego e pola Asociación do Traxe Galego, enmárcase dentro dos actos celebrados este ano para homenaxear ao escritor, ao que se dedicou o Día das Letras Galegas 2019.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2019 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, participou este martes no cemiterio compostelán de Boisaca nunha ofrenda floral con motivo do 20 aniversario do falecemento de Antonio Fraguas.

A ofrenda, organizada polo Museo do Pobo Galego e pola Asociación do Traxe Galego, enmárcase dentro dos actos celebrados este ano para homenaxear ao escritor, ao que se dedicou o Día das Letras Galegas 2019.

Antonio Fraguas foi membro do Seminario de Estudos Galegos e das Irmandades da Fala, así como director do Museo do Pobo Galego e cronista xeral de Galicia. A maiores, foi un estudioso da realidade cultural desde diferentes ámbitos e destacou no campo da antropoloxía.

O escritor Antonio Fraguas.. CONSORCIO DE SANTIAGO - Arquivo
O escritor Antonio Fraguas.. CONSORCIO DE SANTIAGO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta