O PSOE coruñés denuncia a "inacción" de Feijóo para "impedir" o peche de Isowat

Para a formación o cerre definitivo desta factoría é "un novo exemplo da ausencia de políticas industriais" do Goberno galego.

Por E.P. | A CORUÑA | 08/11/2019 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

A Agrupación Provincial do PSdeG-PSOE na Coruña lamentou o anuncio de peche da planta de Isowat, á vez que denuncia "a inacción do goberno de Feijóo" para impedir o peche da factoría.

Nun comunicado, o secretario de Asuntos Laborais da executiva provincial, Juan Manuel Carreira, afirma que o ocorrido con esta empresa é "un novo exemplo da ausencia de políticas industriais da Xunta".

Respecto diso, sinala que "mentres que a implicación do goberno autonómico de Castela e León permitiu atopar unha solución para manter a actividade e o emprego na planta de Isowat en Medina del Campo, aquí a inacción da Consellería de Industria leva a 66 persoas ao paro e ao cerre dunha planta que podería ser viable e referencia no seu sector".

Ademais, os socialistas coruñeses apelan ás competencias "plenas" da Xunta en materia de industria. Por outra banda, no seu comunicado, aluden a que "mentres o Índice de Produción Industrial repunta a nivel estatal, en Galicia cae un 6%, situándonos no furgón de cola de España", sinalan como outro dato sobre a situación económica.

Traballadores de Isowat protagonizan unha mobilización. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo
Traballadores de Isowat protagonizan unha mobilización. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta