O PPdeG denuncia que Galicia será a cuarta comunidade "máis afectada" o "colapso" da lei de eficiencia xudicial

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2025 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

O PPdeG denunciou que Galicia será a cuarta comunidade "máis afectada" o "colapso" derivado da entrada en vigor da nova lei de eficiencia xudicial que "incrementará en máis dun 18%" a carga de traballo nos xulgados de violencia sobre a muller.

Así o advertiron nun comunicado, no que fixeron referencia aos datos publicados polo Consello Xeral do Poder Xudicial e que, segundo os populares galegos, apuntan a que "esta sobrecarga de traballo en Galicia será mesmo superior á da media nacional". Neste sentido, concretaron que, no caso dos xulgados de Vigo e da Coruña, a aplicación da nova lei levará a "asunción dun centenar de casos máis ao ano en cada un deles".

Para o PPdeG é inadmisible que, esa "sobrecarga de traballo", repercuta "negativamente" na loita contra a violencia de xénero e acusan directamente ao PSOE e ao BNG de votar a favor desa lei "a pesar das súas consecuencias".

"Primeiro sacaron á rúa aos agresores sexuais e agora pretenden desprotexer aínda máis ás vítimas privándoas dun sistema xudicial eficaz para atopar saída á tiranía da violencia", criticou a senadora do PP por Pontevedra e portavoz de Xustiza do Grupo Popular no Senado, Pepa Pardo. Así mesmo, afeou aos socialistas e nacionalistas que ademais de "votasen en contra da toma en consideración" dunha proposición de lei presentada polo PP no Congreso para "reverter esta situación".

A senadora galega Pepa Pardo
A senadora galega Pepa Pardo | Fonte: PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta