Galicia, un fortín contra a ultradereita

PSOE e PP empatan a escanos en Galicia nunhas eleccións nas que o Bloque volve ao Congreso catro anos despois. En Común Unidas Podemos resiste e Ciudadanos foi barrida do panorama político galego. Tampouco estará Vox que ten vedada a súa entrada a unha nacionalidade histórica á que criticou durante a campaña electoral. Con todo, os resultados alteran, e moito, o panorama político de cara ás galegas do vindeiro ano.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 10/11/2019 | Actualizada ás 23:46

Comparte esta noticia

Os espectaculares resultados de Vox en todo o Estado non chegaron a Galicia. O país galego convertese, xunto con Euskadi, Navarra, A Rioxa, nun dos poucos lugares libres do que o seu líder, Santiago Abascal, chamou “a reconquista de España”. Porque aínda que Vox o intentou, non levou a súa reconquista a Galicia. Sobe, é certo, e moito, pero non lle dá para ter escano. Un escano que si terá o BNG que volve ao Congreso dos deputados logo de catro anos ausente.

O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, intervén no mitín en Santiago de Compostela
O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, intervén no mitín en Santiago de Compostela | Fonte: PPDEG

 

Con todo, non hai que levarse a engano. Eses máis de 115.000 votos de Vox terán o seu peso en ouro nas autonómicas e poden poñer en serios apuros a cómoda maioría absoluta actual de Núñez Feijóo. Ben é certo que cada elección é diferente, pero está claro que a ultradereita ten posibilidades de entrar no Parlamento galego. Un escenario que, ademais, se pode ver favorecido se non hai unha pronta solución ao conflito catalán, que é o que está dando azos a esta forza política.

 

BNG

 

A portavoz do BNG, Ana Pontón, canta o himno galego xunto aos candidatos ao Congreso para o 10N nun multitudinario acto de precampaña en Santiago de Compostela.. MAURO BASTÓN - EUROPA PRESS
A portavoz do BNG, Ana Pontón, canta o himno galego xunto aos candidatos ao Congreso para o 10N nun multitudinario acto de precampaña en Santiago de Compostela.. MAURO BASTÓN - EUROPA PRESS

O BNG volve a Madrid e volve por méritos propios ante o cansanzo de parte do electorado de esquerdas polo esperpento vivido entre PSOE e Unidas Podemos. Tamén apañan o voto nacionalista que antes estaba repartido entre CxG, En Marea e Anova e sobe un 2,5% con respecto as eleccións de hai sete meses. Pero eses votos e ese escano tampouco son un cheque en branco. Acadarono nunha dura competencia coa ultradereita, á que gañaron, pero por tan só 5.000 votos. Non se poden despistar. Os nacionalistas terán que saber xestionalo en Madrid e poden ter un peso decisivo, sempre e cando, non haxa a gran coalición entre PP e PSOE que moitos vaticinan. 

 

Unha gran coalición que pode levar a unhas novas eleccións en ano e medio porque, unha cousa é que o PP preste o seu apoio ao PSOE, como xa fixeron os socialistas con Mariano Rajoy e, outro, que lles deixen gobernar. Pero mellor non pensar en novas eleccións cando vimos de rematar unhas, as terceiras este ano. Porque de repetirse os resultados os efectos poderían ser catastróficos.

 

CIUDADANOS

 

Catástrofe que sufriu nas súas propias carnes Ciudadanos. O partido laranxa, chamado a ser unha promesa da política española, impulsado por grupos económicos e mediaticos, non quixo ser a visagra que estes poderes agardaban del. O seu líder, Albert Rivera teimou en ir por libre e esta teimudez fixo que colleitara un dos maiores fracasos da política española. Está por ver se a Ciudadanos lle pasa o que a UpyD, e desaparece do mapa comido por Vox, ou é quen de recompoñerse

 

En Galicia o afundimento de Ciudadanos, que deixa máis de 125.000 votos, serviu, precisamente, para darlle fume ao PP e tamén a Vox. Os populares volven recuperar a primeira praza en Galicia que perderan nos comicios do 10N. Gañan por pouco, ben é certo, pouco máis de medio punto por riba dos socialistas, case nada, pero gañan. E iso supón aire fresco para un Feijóo que encara un ano decisivo de cara a súa reelección.  

 

FEIJÓO E CABALLERO

 

Pero Feijóo non pode estar tampouco contento cos datos. Afundiuse un rival cómodo co que podía entenderse ben na Xunta e xurdiu outro co que, directamente, non se entende. Porque Vox xo dixo alto e claro; chegou a Galicia para “barrer a Feijóo”. Está por ver se esa limpeza é de casa para adentro ou de casa para fóra. Como todos os partidos, Vox chega para tocar poder e, quizais acabe atraído polas boas artes que, niso, teñen os populares. E senón, que llelo digan a Jácome en Ourense. Outra cousa serán os efectos que este tipo de matrimonios de conveniencia poidan ter no PP, que, de seguro, non serán bos a curto prazo.

 

E os comicios deixan a un PSOE perdendo a condición de primeira forza en Galicia, pola mínima, pero deixa de selo. E iso, a un ano dunhas eleccións, e cos grandes poderes mediaticos apostando por Feijóo, é un pequeno golpe na estratexia de Gonzalo Caballero para presentarse como a gran alternativa ao PP. A súa fortaleza dependerá agora da estratexia que Pedro Sánchez xogue en Madrid. Se aposta por un pacto de esquerdas, como lle piden as bases, ou por unha gran coalición. Se é o primeiro, quizais poida ter opcións en Galicia o vindeiro ano. Se escolle o segundo, o que lle piden os poderes económicos e mediaticos, o batacazo pode ser grande de máis. 

 

UNIDAS PODEMOS

 

Tamén perde fol En Común Unidas Podemos, que deixa nestes comicios 60.000 papeletas, o 2% dos votos, aínda que resiste cos seus dous escanos. A incapacidade de formar goberno en Madrid entre Sánchez e Iglesias, pasaron factura, como tamén pasan factura a incapacidade do sectores que forman esta coalición de visibilizar unha unidade que se dá en Galicia, pero non en Madrid. Só a posibilidade dun goberno co PSOE e ter algunha carteira ministerial --que puidera recaer en Yolanda Díaz-- podería dar un pulo importante a En Común Unidas Podemos de cara ás galegas do vindeiro ano.

 

Santiago Abascal, líder de Vox, nun mitin en Vigo
Santiago Abascal, líder de Vox, nun mitin en Vigo | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

6 anonimo

Vox non ten percorrido posible en Galicia ¿ Cal sería o seu programa nas autonómicas ? ¿ Eliminar a Xunta ? ¿ Ir contra o galego ? Unha candidatura Vox para as autonómicas galegas sería una contradicción en si mesma,

5 nostrus

Algun dia llegará en que la gente progresará en bondad y retornará a las catacumbas a todos estos fascismos enterrados todos en el mismo sarcófago al nacismo, fascismo, comunismo y nacionalismo. Por un medio ambiente mas humano y saludable.

4 Antonino

Fortín contra a ultradereita? Os mesmos votos que o BNG e proxectado nunhas autonómicas con opcións de sacar mais escanos que o BNG. Que se poña a traballar o nacionalismo en ensanchar a sua base social e non ser a reserva india que é a día de hoxe. Do contrario en 5 anos non queda nada de Galicia como nación. Xa veredes as políticas de Feijoo na próxima lexislatura para conseguir o apoio de VOX.

3 De Vox

Penoso titular. A punto estuvo Vox de obtener un escaño por la Coruña y quitárselo al BNG. Recordemos que Vox todavía no tiene sedes ni infraestructura alguna en Galicia, ni personal a sueldo ni centenares de liberados de la CIG a sueldo público para agitación y propaganda del BNG. En fin, más dura será la sorpresa en poco tiempo.

1 A extremadereita é Racista.

Duas cousas, o primeiro é que sin ter soldos e postos os de Vox, tendes unhos poucos imputados. E o segundo, as fasturas da CIG págana os seus 80.000 afiliados. Eso de xeneralizar é moi hipócrita.

2 Separatismo salvaje

Los liberados de la CIG son en su practica tottotalidad funcionarios públicos pagados con dinero público. Las cuotas de los afiliados no dan ni para los cafés ni el teléfono de las sedes. Por cierto, no teneís imputados. Teneis delincuentes condenados por robos de cantidades siderales de dinero: https://www.europapress.es/galicia/...

3 VOS

Non creo, os galegos somos fachas pero non tanto e as vosas posibilidades pasan por que a esquerda vae presentar alomenos cinco formacións minifundistas. Polo demáis dacordo en que os resultados do BNG son lamentables tendo en conta a dimensión do seu aparato político-propangadístico.

4 A extremadereita é Racista.

Bueno, non sei si te duiches conta que o denunciante era a CIG que lle estaban roubando. E así se demostrou. Os liberados sindicais son pagados polas empresas polas que están liberados, e si se contrata alguén a maiores sae das tasas pola afiliación. Os cartos (poucos) que veñen do goberno, van pra formación. Levan mais subencións outros..... E a derradeira cousa, mete no teu buscador "imputación vox"....... E logo falamos.

5 Separatismo salvaje

El denunciante er la CIG y el delincuente condenado también era de la CIG. ¿Empresas? A-ha, a-ha, a-ha. El SERGAS, la Consellería de Educación, etc,etc. Fondos públicos para chiringuitos upegallos. Legal, pero inmoral. Por certo, falamos dos imputados do BNG, ainda que logo foran absoltos?

2 Viva españa

Los amigos de Otegi y Torra dais vergüenza. Un mísero diputadiño que vilmente le robais a Vox gracias al apoyo de medios como La Voz de Galicia. Y ahí estamos nosotros, sin apoyos de medios, sin apoyos de bancos, sin nada y arrasando... Lo siguiente será acorralaros en el Parlamentiño galleguiño. Ya vereis la que os espera a vosotros, a los coletas, a los sociolistos y a los acomplejadiños rurales del Feijóo.

1 Sentidiño

Buaaaaaaaá! Como dixen o outro día: volvede a forocoches.

2 Amancio

Sin apoyo de medios di o outro... Se a vós apoiouvos o Ferreras

3 seixocici

Vibaspaña, Vox é un chiringuito manexado e promocionado nos medios polo falsario PsoEspañol para gañar ao PP. Sen Vox o ilustre Casado sería o máis votado, logo pateta xa sabes para quen traballades :))))