Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2019 | Actualizada ás 18:47
A Xunta e o Concello de Santiago de Compostela abriron a consulta a operadores de telecomunicacións para despregar fibra óptica no centro histórico.
Así, desde este mércores, 13 de novembro, e ata o 22 de novembro os operadores poden trasladar o seu interese en participar na consulta. Tras iso, iniciarase unha rolda de reunións cos interesados ata o 16 de decembro.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publicou este martes unha resolución conxunta co Concello, con base ao catálogo de solucións técnicas aprobada no verán polo Goberno galego.
O documento ofrece alternativas como o trazado por cornixas, o soterramento ou o despregamento de fibra óptica a través de redes de saneamento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.