Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/11/2019 | Actualizada ás 23:40
Agora Galiza-Unidade Popular é unha das poucas organizacións políticas que saíu en defensa dos 12 militantes independentistas de Causa Galiza e Ceivar sobre os que pesa a posibilidade de ser condenados a 102 anos. Esta petición da Fiscalía española xorde do proceso iniciado en 2015 cando foron detidos 9 militantes de Causa Galiza acusados de "enaltecemento á banda armada Resistencia Galega" e de ser "o brazo político" da suposta organización armada. Os independentistas foron postos en liberdade días despois.
“A acusaçom promovida polos aparelhos judiciais do postfranquismo, só pretende injetar medo e dissuadir o povo trabalhador galego de luitar polos direitos e liberdades conculcadas polo capitalismo e o projeto imperialista espanhol”, destaca Agora Galiza nun comunicado. Ademais, acusa ao Goberno español de “vulneraçom de dereitos básicos” e de “perseguir politicamente” a “quen cuestiona e combate o postfranquismo”.
“Agora Galiza-Unidade Popular manifesta a solidariedade da esquerda revolucionária galega com todas as pessoas encausadas, e denunciamos a tentativa de ilegalizar organizaçons independentistas galegas”, conclúe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.