Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2019 | Actualizada ás 14:45
O Partido Popular de Galicia demandará ao Goberno central que axilice os labores para conseguir os fondos da Unión Europea que se necesitan para dragar e rexenerar a Ría do Burgo.
Así o trasladará o Grupo Popular ao Parlamento de Galicia este luns a través dunha proposición non de lei (PNL) que sairá adiante grazas á maioría absoluta da que goza o PP na Cámara galega, aínda que na próxima xornada poida contar cos apoios do resto de grupos.
Os populares queren pedir ao Executivo central que remita información sobre as xestións e os avances que está a levar a cabo a Moncloa neste asunto.
Instan a que se cumpra "co compromiso adquirido coa Xunta e os concellos en xaneiro" sobre a solicitude de cambiar o destino dos fondos da Unión Europea para investilos no dragado e rexeneración da ría do Burgo.
Ademais, o PPdeG pretende que os fondos tamén cubran "compensacións" para os mariscadores que non poidan traballar durante a execución das actuacións de dragado.
MEDIDAS CONTRA A TRATA
Por outra banda, o grupo Popular tamén expón que se elabore o primeiro plan estratéxico de Galicia contra a trata con fins de explotación sexual e que se fomente a sensibilización neste ámbito a través de campañas nos concellos galegos.
Para iso, propoñen que se acordo coa Fegamp a modificación das ordenanzas municipais para acabar "coa tolerancia e a permisividade cara á publicidade de servizos sociais que facilitan actuacións delituosas" e que se impulsen mesas locais "de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.