A CRTVG promove a 'Semana coa Infancia', unha campaña que dará o protagonismo á rapazada

Esta iniciativa, que se extende deste luns ao domingo, inclúe unha recollida solidaria de fondos para Unicef a través de SMS.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2019 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

A Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) colabora con Unicef na celebración da 'Semana coa Infancia', unha campaña solidaria pola que os seus programas contarán con contidos relacionados cos nenos entre este luns e este domingo. Segundo informa a CRTVG, trátase dunha iniciativa que busca "sensibilizar" sobre os pequenos "que morren por causas evitables, non van á escola ou non están protexidos ante a explotación, a violencia ou o abuso".

O ente público enmarca esta colaboración con Unicef na súa responsabilidade socia corporativa, que "ten como obxectivo lograr unha sociedade mellor e máis responsable". Os programas 'Bos Días, 'A revista' e os informativos emitirán entrevistas e reportaxes relacionadas cos nenos obrigados a fuxir pola violencia ou os millóns de menores que traballan cada día "nas condicións máis extremas".

No espazo de tarde, 'Fun polo aire' cubrirá o acto conmemoratido do 20 de novembro, Día Universal do Neno, que se celebrará no Concello de Ponteareas. 'Vin polo vento' contará cun neno e unha nena de Moeche e Cabanas  para trasladar as propostas do 'Manifesto de Castrelo' para mellorar a situación de pobreza na súa contorna. Tamén o 'Luar' e 'Aquí Galicia' participarán na iniciativa.

Por parte da Radio Galega, o 'Galicia por Diante', 'A tarde' e 'A crónica' contarán con contidos especiais e entrevistas con nenos centradas en temas como o cambio climático. Así mesmo, 'Galicia en Goles' tratará temáticas como a promoción do deporte e os hábitos saudables para loitar contra o sobrepeso e a obesidade en menores.

Campaña de Unicef e a CRTVG 'Por min e por todos vos meus compañeiros', enmarcada na 'Semana coa Infancia'. CRTVG E UNICEF
Campaña de Unicef e a CRTVG 'Por min e por todos vos meus compañeiros', enmarcada na 'Semana coa Infancia'. CRTVG E UNICEF | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta