Cogami organiza un congreso sobre valor social e desenvolvemento sustentable

A cita terá lugar o xoves e venres en Santiago nas instalacións do Cegadi.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2019 | Actualizada ás 10:13

Comparte esta noticia

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) organiza este xoves en Santiago de Compostela un congreso sobre valor social e desenvolvemento sustentable.

A cita, que terá lugar de 9,00 a 17,30 horas este xoves e de 9,30 a 14,00 horas este venres nas instalacións do Cegadi --na rúa Xosé Chao Rego--, reunirá a expertos e representantes de universidades, empresas de economía social, entidades e tecido empresarial galego.

Así, Cogami organiza o VIII Annual Congress of global economic accounting, promovido por GEAccounting e desenvolvido pola Rede Eusumo da Secretaría Xeral de Emprego da Xunta, informou a entidade.

Está previsto que o congreso sexa inaugurado ás 9,00 horas deste xoves polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; o presidente de Cogami, Anxo Queiruga; e o presidente de GEAccounting, José Ignacio Larretxi.

A cita, que espera uns cen asistentes, contará coa participación de investigadores e docentes das universidades de Santiago, Vigo, País Vasco, Deusto e La Laguna, ademais do centro universitario Ieside e representantes doutros gobernos autonómicos como o de Navarra e País Vasco, así como do tecido empresarial como Vegalsa, Calvo e Caixabank.

Asd. COGAMI
Asd. COGAMI

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta