Cerna chama a BNG, Anova, En Marea e CxG a chegar a un "entendemento" para integrar o nacionalismo galego

Pídelles que fagan unha "reflexión" fronte a un Estado español que mostra "a súa verdadeira cara intransixente, autoritaria e negadora" das nacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2019 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O partido Cerna apela a outras forzas nacionalistas, entre as que cita a Anova, BNG, Compromiso por Galicia e En Marea, a que fagan unha "reflexión" e aposten polo "entendemento" fronte a un Estado español que mostra "a súa verdadeira cara intransixente, autoritaria e negadora" das nacións.

A coordinadora de Cerna, con Paula Vázquez Verao e Mario López Rico
A coordinadora de Cerna, con Paula Vázquez Verao e Mario López Rico | Fonte: Europa Press

Tras celebrar este sábado a súa Asemblea, Cerna asegura que cambiar esta situación "non vai ser o resultante dunha maioría nas institucións españolas dentro desta Constitución, senón unha cooperación intelixente entre todos os soberanistas".

Fronte ao que denomina "procesos de destrución" da situación social, política e económica de Galicia, a formación pide "unha acción radical" que o cambie.

"Constatamos que a esquerda española en Galicia, por moito que leve admitido no papel a plurinacionalidade do Estado e os dereitos nunha Galicia soberana a decidir, na práctica negan o dereito á autoorganización política e practican unha dependencia férrea das matrices españolas respectivas", continúa.

Cerna ten un deputado no grupo de En Marea, partido instrumental que ata hai menos dun ano tamén deu acubillo a partidos como Podemos e Esquerda Unida (EU). Así, en vista de que esta confluencia "non deu os resultados esperados", o partido conclúe coa "imposibilidade" de que nunha mesma organización coincidan soberanistas e persoas "de dependencia española".

Por iso, Cerna advirte que o nacionalismo galego, para conseguir "apartar ao PP do Goberno galego", precisa unha "profunda reformulación que permita un amplo movemento" no que cooperen "todas aquelas persoas que queiramos a Galicia desde unha perspectiva de acción autoorganizada".

"Debemos repasar, todas, o que se practicou e experiencias anteriores de iniciativas erradas para non repetir vellas fórmulas fracasadas. Precisamos un ámbito soberano, radicalmente democrático, cidadán, no que se decida por cada persoa un voto", conclúe Cerna.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

11 Casoplon con criadas galegas

Voulles contar un truco para soportar a lectura dest dixital. Cada vez que vexo un comentario perpetrado por Nostrus ou Gamela saltoo sen ler. Dito isto, non se disolvera o Cerna hai tempo? https://www.lavozdegalicia.es/notic...

1 Fran Correa

Apoio!

2 Gamela

Mario López Rico dando a puntilla a ver se pica Anova e o BNG apaña tódolos votos !!! Podes saltar sen ler ou tirarte da ponte de Rande... Cando cheguen os Bárbaros falamos!

3 Praceres

Eu tampoco te aturo. Négome a seguirche o xogo: respostate e enlázate a ti mesmo, autocítate, copiate e repítete até a nausea. Igual outros pican.

10 Pesados

Cerna disolveuse en En Marea hai un ano, os tres ou catro militantes. Que é isto, "reconstituída"?

9 nostrus

Para Galicia lo mejor es apostar por la realidad, que es formar parte de esa gran nacion llamada España, integrada por casi cincuenta millones de españoles. Galicia con su identidad, su cultura y sus lenguas, ademas de su escasa fauna nacionalista, ayuda a dar forma a nuestro pais convirtiendolo en un pais maravilloso, incluso a pesar de los que se empeñan en destruirlo o enmerdarlo, como es el caso de los corruptos, pedereastas, saparratas y otras especies que solo sirven para restar, pero que su voz se respeta debido a que el conjunto español es demócrata. Nacionalismos NO, ya hay suficiente maldad en la Naturaleza.

1 anonimo 2

Certo, nacionalismos não, desde logo não aos nacionalismos que propugnam a enteléquia “esa gran nacion llamada España” que impedem o desenvolvimento de todas as nacionalidades (todo o mundo queremos respeitar a constituição) que não só a castelhana (há alguns que lhe chamam espanhola ainda que desse modo se situam fora da constituição que usam para se limpar o cu). E sim, Galiza é uma nacionalidade =” Nação, território no que vive um grupo de personas pertencentes a uma mesma comunidade, constitua o não um estado”. Ainda que para você como bom intolerante só há uma nação e para imponhe-la deseja o extermínio de todas as ouras nações!!

2 N8WC

Portugueses e españoles son igual de imperialistas.

8 Gamela

Regálovos unha nota clarividente de Carlos Taibo sobre o pacto PSOE - UP onde suliño xustamente o final: "precisamos organizacións novas, transversais, alonxadas de Institucións e Burocracias" (Olé!) http://www.carlostaibo.com/articulo...

7 El Ciz

Que entre Beiras si quere tamen. Con 83 anos xa non creo que aprenda a organizar nada, no fondo sofre da mesma carencia do podemita tipo: reunirse en circulo para marearse