Cinco estratexias de marketing para que a túa empresa triunfe

Aquí van unhas cantas ferramentas concretas enfocadas a conseguir unha maior visibilidade dun produto ou servizo. Internet sempre anda polo medio e a comodidade do persoal empregado tamén é parte fundamental.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2019 | Actualizada ás 04:20

Comparte esta noticia

Ter un negocio ou un proxecto de emprendemento implica manexar certos conceptos básicos para que esa idea que bota a andar consiga chegar ao público e chame pola súa atención. Os camiños para acadalo son diversos e poden combinarse entre eles. Trátase isto do famoso Marketing Mix, esas cantas estratexias e ferramentas que se empregan para que un negocio capte e fidelice clientes a cambio de satisfacer as súas necesidades. Aquí vai unha recompilación das mellores estratexias de Marketing que cadaquén pode implantar na súa empresa co gallo de conseguir maior proxección. 

Internet. XUNTA DE ANDALUCÍA - Arquivo
Internet. XUNTA DE ANDALUCÍA - Arquivo

ESTRATEXIA 1: EMAIL MARKETING

Esta primeira estratexia consiste en empregar o correo electrónico para dar a coñecer un produto, servizo ou ofrecer descontos especiais aos consumidores. É fundamental que as empresas consigan datos dos seus clientes para poñer en marcha unha boa estratexia. Por que facer email marketing? Ben usado, é unha das ferramentas máis útiles e efectivas para conectar co cliente. Cómpre saber ben como mandar mails masivos de maneira que non resulten invasivos para o usuario. Empregar ferramentas de deseño de newsletter, redactar ben as mensaxes e medir os resultados son algunhas das chaves para triunfar.

Hai unha morea de aplicacións que poden empregarse. Mailrelay, por exemplo, permite crear newsletter, enviar mailings, xestionar a túa lista de subscriptores e analizar campañas de email. Ademais, sen publicidade e sen límites de envíos e funcionalidades.

ESTRATEXIA 2: POP-UPS E BANNERS

Ter presenza en Internet hoxe en día é fundamental para botar a andar un proxecto de emprendemento. Hai diferentes modalidades se se quere anunciar un produto: algúns aparecen de xeito máis discreto nun lateral dunha web e outros son máis invasivos e impiden, de primeiras, ler o contido. Para evitar que os usuarios pensen nun SPAM é importante definir e configurar ben as campañas. Ser innovadores e orixinais á hora de nos publicitar.

ESTRATEXIA 3: POSICIONAMENTO EN BUSCADORES

Aparecer nos primeiros resultados de Google é un soño para calquera empresa e se se consegue dá a entender que se está facendo ben o traballo. Non é doado, pero hai trucos que poden axudar: elixir ben as palabras chave, medir a densidade das palabras, comprobar a competencia... A optimización dos motores de busca recibe o nome de SEO e é unha pata fundamental de calquera plan de Marketing.

ESTRATEXIA 4: AS PERSOAS INFLUENCERS

Son claves para gañar visibilidade. Nelas moita outra xente se ve referenciada, de maneira que se anuncian o produto dunha empresa, todos os seus seguidores pousarán os ollos naquilo que ensine, ou vista, ou utilice. Este tipo de marketing funciona moi ben. Cando as marcas "conquistan" os influencers e os converten en embaixadores, a capacidade para medrar multiplícase.

ESTRATEXIA 5: ENDOMARKETING

Hai quen di que toda estratexia de marketing debe comezar na propia empresa. Isto é, antes de convencer ao público de que un produto ou servizo é o adecuado para satisfacer as súas necesidades, debe estar convencido o propio persoal que o crean. É fundamental que os empregados traballen agusto e sexan felices facendo o que fan. Este é o primeiro e máis importante paso no camiño do éxito. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Logo de ler atentamente o curso de marketing vou poñer en marcha unha nova empresa, que non ten nada de negocio, pero que pode resultar moi interesante para a cidadanía cabreada de Vigo (?) É fundamental que os cidadáns VIVAN a gusto e sexan FELICES ! Así que dado que nin temos mailing nin queremos telo, aí vai o novo producto ao gran mercado! Disfruten del e sexan felices, chega o Nadal !!! https://cabozo.com/taboext.php?grup...