A Federación Galega de Comercio advirte: os descontos do Black Friday "non son reais"

Seijas subliña que "estes movementos desestacionalizan o Nadal e os Reis".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2019 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, advertiu que os descontos deste chamado 'Black Friday' --Venres Negro-- "non son reais".

Black Friday. EUROPA PRESS - Arquivo
Black Friday. EUROPA PRESS - Arquivo

Partidario de recuperar os vellos calendarios dos períodos de rebaixas, Seijas recoñeceu, no entanto, que o negocio nesta xornada pode "ser voluminoso". "E cando acabe o Venres Negro empezará o luns seguinte tamén con descontos", protestou.

O empresario lucense alertou de que o comercio tradicional "pasa por dificultades", porque non pode "soportar este continuo e constante goteo de rebaixas". "Afixemos ao consumidor a comprar con descontos, e agora estamos a observar que os descontos deste Venres Negro non son reais, cousa que no comercio tradicional non ocorre", lamentou.

Tras suxerir que "a xente ten que mirar o que fai, o que compra e as consecuencias que pode traer", Seijas subliñou que "estes movementos desestacionalizan o que son o Nadal, os Reis e o que se vende agora xa non se volve a vender". "O único que fai é un adianto nas vendas", concluíu o presidente da Federación Galega do Comercio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta