Gonzalo Caballero asegura que Feijóo pasará á historia como o "enterrador" da sanidade pública

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2019 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pasará a historia como o "enterrador" da sanidade pública e avogou por un goberno de progreso que "free a senda de recortes".

Gonzalo Caballero pronunciouse deste xeito nunha rolda de prensa ofrecida tras a reunión da executiva de PSdeG en Santiago de Compostela este sábado, xornada na que o municipio ourensán de Verín acolleu unha manifestación contra os "recortes" no Hospital desta localidade.

Na súa intervención, Gonzalo Caballero rexeitou o peche do paritorio deste centro que, segundo indicou, únese á supresión dos servizos de traumatología, pediatría, dermatoloxía, coidados paliativos, cirurxía e anestesia.

"Exemplifica a falta de compromiso do PP coa sanidade pública", asegurou o xefe de filas dos socialistas galegos, que asegurou que o peche do paritorio responde a unha "decisión política" que se evitaría se houbese compromiso de "destinar os recursos necesarios" a mantelo.

Ademais, lembrou que o PSdeG xa dixo que a supresión das áreas sanitarias alleas ás cidades traería consigo "máis recortes". "E o tempo dános a razón", lamentou.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa ofrecida este sábado
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa ofrecida este sábado | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta