Por E.P. | A CORUÑA | 02/12/2019 | Actualizada ás 14:17
A Universidade da Coruña (UDC) elixirá o mércores, día 4, ao seu novo reitor nunhas eleccións ás que están convocadas un total de 18.245 persoas da comunidade universitaria (profesorado, estudantes e persoal de administración e servizos), informa a institución académica.
Nestas eleccións, poderán votar para elixir o catedrático de Microbioloxía e actual reitor, Julio Abalde, e o tamén catedrático, neste caso de Enxeñaría da Construción, Fernando Martínez Abella, que foi vicerreitor durante o mandato do exrector José Luís Meilán Gil.
O reitor da UDC elíxese por sufraxio universal e a través de voto electrónico, un sistema que se implantou nesta universidade no ano 2011. O horario de votación será de 10,00 a 19,00 horas.
O voto é ponderado de acordo ás seguintes porcentaxes: 51% correspondente ao sector de profesorado doutor con vinculación permanente; o 12%, categorías de persoal docente invetigador; 28%, estudantado e 9%, persoal de administración e servizos.
As votacións efectuaranse a través da plataforma e-voto, dispoñible para o tres universidades galegas e que conta co apoio da Xunta de Galicia como unha das iniciativas de impulso da administración electrónica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.