Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2019 | Actualizada ás 13:19
A Asociación animalista Libera! denunciou ante a Consellería de Medio Ambiente o caso dun can atado de forma "permanente" a tan só dous metros de cadea, "sen refuxio algún e cun lavabo como única compañía diaria".
Nun comunicado, a asociación asegura que este caso "volve evidenciar o pasotismo profundo da administración, tanto local como a autonómica". E é que, na súa opinión, as administracións "non desenvolven medidas eficaces para impedir unha práctica ilegal desde 2017", cando a Lei de Benestar Animal incluíu a "limitación continuada de movementos" no catálogo de infraccións.
Así, lembrou que encadear ou engaiolar de forma constante aos animais pode ser multado con ata 5.000 euros e a inhabilitación para a tenencia de animais durante un máximo de cinco anos, ao ser tipificada a mesma como unha infracción grave.
"Esta situación repítese desde hai meses e non parece preocupar en exceso ao Concello de Trazo, aínda que a normativa atribúe ás persoas titulares das alcaldías a responsabilidade superior na defensa e protección dos animais incluídos no ámbito de aplicación da presente lei no seu termo municipal", indica Libera!.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.