Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2019 | Actualizada ás 14:36
O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez y Díaz-Castroverde, asegurou "respectar absolutamente" o fallo da sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, que condenou a José Enrique Abuín, alias 'O Chicle', á pena de prisión permanente revisable polo crime da moza madrileña Diana Quer, así como a dez anos de liberdade vixiada desde que conclúa esa medida.
Esta sentenza chegou poucos máis de 15 días despois de que o pasado 30 de novembro o Tribunal do Xurado declarase por unanimidade culpable a Enrique Abuín de haber agredido sexualmente a Diana Quer e de matala intencionadamente despois de cometer a agresión, coa intención de ocultar o seu primeiro delito, uns feitos ocorridos na Pobra do Caramiñal en agosto de 2016.
A preguntas dos medios, Díaz-Castroverde trasladou o seu respecto "absoluto" ao que "din os xuíces e as resolucións xudiciais", neste caso unha sentenza que "foi aceptada" e que é "obxecto de recurso. Así mesmo, asegurou que o seu compromiso, como presidente do TSXG, contra a violencia de xénero "é completo, total e absoluto".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.