Dous terremotos en Ourense e outro en Pontevedra nunha semana

O último foi a primeira hora deste xoves en Boborás. Os outros en San Amaro e en Vilaboa.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 26/12/2019 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

A localidade ourensá de Boborás rexistrou á primeira hora deste xoves un tremor de terra de magnitude 2 na escala Richter, segundo os datos de información sísmica do Instituto Xeográfico Nacional.

En concreto, o tremor tivo lugar pouco antes das 7.30 horas da mañá deste xoves. O epicentro situouse a uns 22 quilómetros de profundidade, no municipio de Boborás.

Os rexistros oficiais indican que hai só uns días, o pasado 21 de decembro, esta mesma área rexistrou outro movemento sísmico. Foi, concretamente, o municipio veciño de San Amaro, onde se produciu un tremor de terra de magnitude 3,1.

Ademais, hai xusto unha semana, o pasado 19 de decembro, outro tremor de magnitude 2,1 afectaba o municipio pontevedrés de Vilaboa.

Mapa tremor de terra en Pontevedra
Mapa tremor de terra en Pontevedra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta