Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2019 | Actualizada ás 13:19
Unha avaría na catenaria en Vilamartín de Valdeorras (Ourense) sobre as 8,00 horas deste sábado obrigou a parar a un tren con máis de 140 pasaxeiros, que serán trasladados aos seus destinos en bus.
Segundo informan a Europa Press fontes de Renfe, o tren atópase "nunha zona complicada para que os viaxeiros se poidan baixar", polo que se tardaron varias horas en poder evacualos, nunhas tarefas en colaboración con Adif. Pasadas as 12,00 horas un total de 11 pasaxeiros aínda permanecían no convoi.
Agora os pasaxeiros deste tren hotel procedente de Barcelona serán trasladados aos seus destinos, A Coruña e Vigo, en autobuses, segundo informa Renfe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.