Por E.P. | OURENSE | 31/12/2019 | Actualizada ás 16:12
Unha muller tivo que ser trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) por inhalación de fume tras un incendio ocorrido na súa casa de Barbadás debido a, posiblemente, unha vela acesa.
Segundo informa o 112, foi a mesma implicada quen ás 8,30 horas da mañá chamaba ao servizo de emerxencias para informar de que tiña a casa chea de fume. Ela mesmo indicou que se podía deber a unha vela que deixara acesa.
Tras isto, varios veciños deste edificio situado no Paseo do Samieiros chamaron ao 112 para alertar do fume, aínda que indicaban que non vían o lume. Con estes datos, os xestores da central de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos bombeiros de San Cibrao, do GES de Pereiro de Aguiar, da Policía Local e de Protección Civil de Barbadás.
Ao chegar ao lugar, os membros do GES confirmaron que os bombeiros sufocaran as chamas. Finalmente, tal e como informaron os axentes de extinción, ardeu unha zona do salón, dous mobles e varios cables.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.