Por E.P. | PONTEVEDRA | 13/01/2020 | Actualizada ás 19:07
As 25 prazas para participar na primeira ruta ornitolóxica do 2020 organizada pola Deputación de Pontevedra, que transcorrerá o vindeiro domingo 26 de xaneiro pola enseada de San Simón, quedaron esgotadas en 10 minutos.
En concreto, trátase do primeiro percorrido da terceira edición de 'Voando nas Rías Baixas', un programa ideado polo goberno provincial en colaboración coa ONG 'SEO Birdlife'.
Tal e como destaca a Deputación, o interese nestas rutas evidénciase en que se recibiron "máis de 60 solicitudes nos primeiros 20 minutos", ademais das 1.200 visitas á páxina web de 'Voando nas Rías Baixas' durante a fin de semana.
Esta terceira edición do programa estará composta por cinco rutas. Tras a que percorrerá a enseada de San Simón, o próximo 16 de febreiro haberá unha polo Complexo Intermareal Umia-O Grove. A esta seguirán a que terá lugar no esteiro do Miño e A Foz da Ramallosa, o 8 de marzo; a das Brañas de Xestoso, o 31 de maio; e a de Serra do Suído, o 21 de xuño.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.