O Sergas insiste en que traballa para cubrir as prazas e reabrir o paridoiro de Verín

O xerente do Sergas asegura que "o problema de falta de especialistas é de Galicia e de todo o Sistema Nacional de Saúde e de Europa".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2020 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) asegura que traballa para cubrir as prazas de pediatras vacantes que permitan reabrir o paritdoiro do Hospital de Verín "dentro dunha situación de dificultade de falta de profesionais" desta especialidade.

Así o manifestou o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, tras ser preguntado este venres na rolda de prensa de balance das listas de espera, por como se traballa para paliar a falta de pediatras e cubrir as prazas vacantes desta especialidade co fin de reabrir o paridoiro de Verín e a situación de centros de saúde como o da Baña.

"O problema de falta de especialistas é de Galicia e de todo o Sistema Nacional de Saúde e de Europa", explicou o xerente do Sergas, quen concretou que no caso da Baña "mantense o sistema" coa mesma cantidade de profesionais, á vez que apuntou que hai centros próximos como o de Negreira.

Mentres, no caso concreto de Verín sinalou que a xerente da zona traballa para a reapertura do paridoiro. "Para nós o máis importante é a seguridade das nais e nenos", insistiu. Preguntado sobre se buscan pediatras fóra de Galicia para reabrir ese servizo en Verín, o xerente do Sergas puntualizou que entrevistan "persoas que se poidan interesar nesas coberturas", á vez que lembrou que "a demanda de profesionais non só é en Galicia".

As matronas protestan contra do peche do paritorio de Verín.
As matronas protestan contra do peche do paritorio de Verín.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta