A Asociación en Defensa da Sanidade Pública insta a seguir coa "presión social" por unha mellora sanitaria

Considera que a reapertura do paridoiro débese á presión social.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2020 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública reivindicou o papel das mobilizacións na reapertura do paridoiro de Verín e instou a manter a "presión social, sindical, profesional e política" nunha manifestación convocada para o 9 de febreiro en Santiago pola Plataforma SOS Sanidade Pública.

En concreto, será unha protesta "pola mellora da Atención Primaria e contra o desmantelamento de hospitais, a transparencia das listas de espera e a precariedade do persoal sanitario", tal e como sinalou a organización este domingo mediante un comunicado.

Ante a noticia da contratación de dous pediatras para o Hospital de Verín e a reapertura do paridoiro a partir de febreiro, a asociación felicitou á poboación e profesionais sanitarios da localidade polo "esforzo" que supuxeron as mobilizacións contra o "recorte de servizos" do centro.

Así mesmo, valorou a "importancia e necesidade" das protestas sociais en alianza cos traballadores sanitarios contra a "marcha atrás na política sanitaria" do Goberno galego e que colocaron á sanidade "nun lugar preferente na axenda política".

Manifestación en Santiago convocada por SOS Sanidade Pública en contra dos recortes
Manifestación en Santiago convocada por SOS Sanidade Pública en contra dos recortes

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta