Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/01/2020 | Actualizada ás 20:40
O portavoz de Compostela Aberta, Martiño Noriega, ironizou sobre a decisión do Concello de Santiago de prohibir os lumes do Apóstolo na Praza do Obradoiro, tras case 500 anos de tradición.
Así, e a través da súa conta de tuiter, o ex rexedor suliñou que se el fose quen tomase a decisión de cancelar os lumes do Apóstolo algúns medios galegos criticaríanno moito máis do que se está a facer. "Non quero nin pensar a de tinta que aforraron estes hoxe" manifestou o antigo rexedor de Santiago de Compostela na súa conta persoal de Twitter.
Agora que o manto foliáceo,as rúas anegadas,os muros que se tiran a un,as neofochancas ou os ruídos da noite xa non teñen a miña paternidade nos xornais da cidade, non quero nin pensar a de tinta que aforraron estes hoxe,con esta decisión.#UnhaAnsiaMenos https://t.co/H8sU3GnZpO
— Martiño Noriega (@martinhonoriega) January 21, 2020
Con todo, e preguntado ao respecto nunha rolda de prensa, Noriega manifestouse a favor desta medida.
A XUNTA CALIFICA COMA "SENSATA" A MEDIDA
Tamén o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, cualificou de "sensata" e "acorde cos tempos" a decisión do Concello de Santiago de deixar de lanzar os lumes do Apóstolo desde a Praza do Obradoiro. "Os tempos evolucionan e é obvio que a potencia que ten hoxe un espectáculo pirotécnico non é a mesma que a que tiña fai 50, 40 ou 30 anos", manifestou en declaracións aos medios este martes.
"É moi importante compatibilizar todo o esforzo que se está facendo. Non parece moi coherente dedicar unha cantidade importante de fondos públicos a rehabilitar un ben patrimonio da humanidade, como é a Catedral, e que mañá fagamos un espectáculo pirotécnico", indicou. Con todo, destacou que as "novas tecnoloxías" permitirán facer un "gran espectáculo de luz e son", unha "alternativa absolutamente entretida e brillante para os cidadáns".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.