Demoras na tramitación obrigan ao Concello de Santiago a axustar as anualidades dos comedores escolares

A Xunta de Goberno Local tivo que aprobar un axuste orzamentario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2020 | Actualizada ás 15:29

Comparte esta noticia

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela, nunha sesión extraordinaria, aprobou este mércores un axuste na anualización do gasto previsto para financiar o servizo de comedores escolares para os centros educativos de Infantil e Primaria do municipio.

Segundo informou o consistorio, este cambio responde "á demora acumulada na tramitación do expediente" sobre a estimación do tempo inicial. Aprobado o axuste, a repartición do gasto será de 929.855,56 euros para a anualidade 2020 e 114.994,44 euros para a anualidade 2021.

A Xunta de Goberno adxudicou o servizo o pasado 23 de decembro á empresa Alimentación Saludable Gallega, SLU, que se comprometeu a un prezo de 4,92 euros para a comida e de 1,76 euros para o almorzo.

Na mesma sesión extraordinaria deste mércores acordouse a ampliación a dous meses do prazo para que a Universidade de Santiago adopte o acordo de adscrición ou cesión gratuíta a favor do Concello do inmoble situado na rúa Casas Reais, 8. O prazo fixado inicialmente era dun mes, pero a USC manifestou a imposibilidade de adoptar o acordo nese prazo, polo que foi prorrogado.

Xunta de Goberno extraordinaria en Santiago de Compostela.. CONCELLO DE SANTIAGO - Arquivo
Xunta de Goberno extraordinaria en Santiago de Compostela.. CONCELLO DE SANTIAGO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta