O premio José Couso abre a súa décimo sexta convocatoria para recoñecer o labor pola liberdade de prensa neste 2020

Con este premio, os organizadores queren "personalizar na figura" do cámara "a todos aqueles xornalistas, galegos ou non, que cada ano son asasinados, maltratados ou privados dos seus dereitos como persoas e como informadores".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2020 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol convocaron as bases da décimo sexta edición do Premio José Couso deste 2020 para recoñecer o labor de calquera personalidade viva ou organización de comunicación que traballe pola liberdade de prensa a día de hoxe.

Desde este xoves ata o vindeiro venres 28 de febreiro, ás 14:00 horas, todos os colexiados do CPXG e os socios do Club de Prensa de Ferrol, así como outras persoas ou organizacións vinculadas ao xornalismo, poden presentar as súas propostas ou candidaturas para obter este recoñecemento que destaca a defensa da liberdade de prensa que caracterizaba ao cámara ferrolán José Couso.

Couso foi disparado o 8 de abril de 2003 en Bagdad, mentres realizaba o seu traballo para os informativos de Telecinco. Con este premio, os organizadores queren "personalizar na figura" do cámara "a todos aqueles xornalistas, galegos ou non, que cada ano son asasinados, maltratados ou privados dos seus dereitos como persoas e como informadores".

Este galardón non "implica unha contía económica" explicou o CPXG, senón que consiste nun "diploma acreditativo e un símbolo distintivo que representa ao premio", unha escultura de Manuel Patinha que leva o nome de 'Ás ceibes'.

BASES DO PREMIO

Para optar a este recoñecemento, é necesario achegar unha memoria que conteña as "razóns para apoiar a candidatura", así como un curriculum vitae do candidato ou candidata. Así mesmo, pódese presentar máis información adicional e todo se enviará ao correo premiocouso@xornalistas.gal ou a través desta páxina web.

O prazo límite para presentar as candidaturas será o venres 28 de febreiro. Faranse públicas o 5 de marzo, despois de que unha comisión específica para o certame déaas por válidas. Leste mesmo órgano será o que decida tamén o número de candidaturas finalista sobre as que votará o xurado.

Este xurado estará conformado polos colexiados do CPXG e os socios do Club de Prensa de Ferrol e poderase votar desde o 5 de marzo ata o 3 de abril na páxina web indicada anteriormente. Máis tarde convocarase unha rolda de prensa para dar a coñecer o resultado e o gañador do premio Couso 2020.

O ano pasado foi a plataforma 'Defende a galega' quen gañou este galardón e en edicións anteriores foi recoñecida tamén o labor de Julia Otero, Xosé Hermida, Jordi Évole, o Consello Informativo de TVE ou Wikileaks entre outros.

José Couso. Arquivo
José Couso. Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta