Crise tamén no sector do mar: As lonxas galegas facturaron 27 millóns menos en 2019

As incautacións por furtivismo creceron un 41% e os comisos un 201% desde o ano 2018.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2020 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

As lonxas galegas facturaron o pasado ano 27 millóns de euros menos que no exercicio anterior, segundo detallou a directora xeral de Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, que recoñeceu que 2019 foi "negativo" en desembarcos e facturacións para o sector pesqueiro galego que, no entanto, viuse compensando por "unha nova subida, bastante importante" no prezo medio.

Así o dixo a responsable autonómica en resposta á pregunta formulada polo deputado de Común da Esquerda Xan Xove durante a Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo da Cámara galega, onde o parlamentario da oposición alertou de que as lonxas galegas rexistraron os seus peores resultados desde o ano 2005 en nivel de facturación.

Na súa resposta, Rodríguez recoñeceu este feito, aínda que matizou que as cifras negativas rexistradas tanto en desembarcos como en facturacións quedaron "compensadas" polos prezos medios, que "alcanzaron de novo rexistros históricos".

Así, as lonxas obtiveron en 2019 o peor dato do rexistro histórico, un 12,9 por cento por baixo da media anual, mentres que en terminos de volume de facturación os datos foron superiores á media histórica, cun 2,9 por cento da media anual.

Deste xeito, Rodríguez puxo o foco na "ausencia significativa" entre as especies do cerco e "cuestións biolóxicas" como razóns dos resultados obtidos o pasado ano.

Pola súa banda, o deputado de Común da Esquerda acusou ao Goberno galego de facer "seus" os bos resultados e "desentenderse" da súa "responsabilidade" cando son malos, á vez que instou á Consellería do Mar a "intervir" na demanda para apostar por "produtos de maior valor engadido".

A alcaldesa, Inés Rei, visita a Lonxa. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa, Inés Rei, visita a Lonxa. CONCELLO DA CORUÑA

FURTIVISMO

Por outra banda, as incautacións por furtivismo levadas a cabo polo Servizo de Gardacostas creceron un 41% e os comisos un 201% desde o ano 2018, segundo expuxo o subdirector xeral de Gardacostas, Lino Sexto, este venres nunha comparecencia parlamentaria.

Na súa intervención ante a Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo para responder a unha pregunta formulada polo Grupo Popular, Sexto detallou o "importante esforzo" realizado nos ámbitos administrativo, xudicial e de sensibilización para facer fronte ao furtivismo.

Así, resaltou que desde o ano 2018 aumentáronse nun 35 por cento a media anual de inspeccións, o que elevado un 42 por cento as infraccións por furtivismo detectadas. Todo iso, segundo informou o subdirector de Gardacostas, supuxo un custo de 26 millóns de euros de fondos propios da Xunta destinados a atender os 150 funcionarios repartidos no nove basees operativas de loita contra o furtivismo.

ANA MIRANDA

Tamén este venres a portavoz nacionalista en Europa, Ana Miranda, confirmou que a Comisión Europea está disposta a financiar o 80% do saneamento integral da ría do Burgo, chegando aos 36 millóns de euros dos 45 millóns totais que pode custar.

"Trátase dunha boa noticia, a pesar de que chega tarde polo deixamento dos sucesivos gobernos do PP e PSOE xa que esta actuación tiña que estar feita no 2013", sinalou durante a visita que realizou á zona xunto ao portavoz municipal en Culleredo, Ton Chouciño, e o seu homólogo no Concello da Coruña, Francisco Jorquera.

"Sabemos que a solicitude de reprogramación dos fondos foi solicitada polo Estado español á Comisión o 27 de novembro, algo que nós levamos reclamando desde hai anos", remarcou Miranda en declaracións aos medios.

Lagostino incautado na lonxa da Coruña. GUARDIA CIVIL
Lagostino incautado na lonxa da Coruña. GUARDIA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta