Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2020 | Actualizada ás 19:22
O catedrático de Medicina Legal na Universidade de Santiago de Compostela (USC) Ángel Carracedo foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade do Minho de Braga (Portugal).
O exdirector do Imelga recibirá a condecoración no acto do 46º aniversario da institución portuguesa, que terá lugar o vindeiro luns 17 de febreiro.
Nado en 1955 en Santa Comba (A Coruña), Carracedo foi director do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) entre 1994 e 2012.
A Universidade do Minho destaca a súa achega á xenética forense e clínica, ademais dos seus estudos en beneficio da sociedade "con importantes contribucións na área da farmacoxenética".
Así mesmo, a institución académica lusa tamén resalta as "enormes contribucións" de Carracedo á cultura galega, "sendo un impulsionador fervoroso da alfabetización científica na difusión de valores científicos e humanos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.