Martínez-Almeida e Benedicta Sánchez, protagonistas esta fin de semana na LII Feira do Cocido de Lalín

A localidade espera este domingo a 60.000 persoas xa como Festa de Interese Turístico Internacional.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2020 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

O municipio pontevedrés de Lalín acolle este fin de semana a súa LII Feira do Cocido, que terá como pregoeira á xornalista Sonsoles Ónega e ao alcalde de Madrid, José Luís Martínez-Almeida, e á actriz Benedicta Sánchez como Comendadores.

Recoñecida como primeira celebración gastronómica de España declarada como Festa de Interese Turístico Internacional, inclúe a celebración este venres da Gala de Gastronomía de Galicia que terá un carácter solidario e será retransmitida pola TVG. Neste evento nomearase a Bertín Osborne como Comendador.

Xa o sábado haberá actividades para todos os gustos como o arranque do V Torneo de Tenis do Cocido de Lalín, unha exihibición culinaria a cargo de Álvaro Villasante do restaurante Páprika e Héctor López do Restaurante España de Lugo, ademais do taller 'Masterchef do cocido'. Os eventos musicais clusurarán a celebración desa xornada a cargo da Banda de Lalín, Antón Reixa e Os Resentidos e Novo Plan con Miguel Costas.

O día grande da Feira comezará o domingo ás 10,30 horas na Casa Consistorial do Concello. Alí procederase á Encomenda do Cocido, co nomeamento de sete conmendadores. Ademais de Martínez-Almeida e Benedicta Sánchez, xurarán defender o cocido de Lalín o historiador e cronista Daniel González Alén, o catedrático en Nutrición Gregorio Varela, a xornalista e comunicadora lalinense Amelia Ferreiroa e o líder dos Suaves, Yosi.

Benedicta Sánchez posa na alfombra vermella dos Premios Goya 2020
Benedicta Sánchez posa na alfombra vermella dos Premios Goya 2020 | Fonte: Academia do Cine

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta