Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/02/2020 | Actualizada ás 19:22
O comité de Ferroatlántica de Cee e Dumbría cualificou o cambio de nome da empresa, que pasou a denominarse Xallas Electricidad y Aleaciones (Xeal.
"Un acto puramente propagandístico co que TPG-Ithaka pretende vender os beneficios dunha xestión empresarial que está a resultar nefasta para o complexo industrial da Costa da Morte, á vez que alardea duns investimentos que non executa", denuncia.
Desde o comité, sosteñen tamén que a nova propiedade "non gastou nin un só euro na necesaria modernización das fábricas de Cee e Dumbría, a pesar do compromiso de investir 14 millóns de euros".
Sobre a presentación que lles fixo a dirección, afirman que é "puro fume, xa que falan de consolidar a compañía como referente da comarca, cando a única decisión que aplicaron foi a recortar drasticamente a produción".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.