Principio de acordo entre Podemos e Anova para ir en coalición ás eleccións do 5A

Os cadros de Anova terían aceptado as condicións impostas por Podemos, que se reserva a candidatura da lista conxunta, Galicia en Común, para Antón Gómez-Reino.

Por Xurxo Salgado | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2020 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

Os cadros de Anova terían aceptado xa as condicións impostas desde Unidas Podemos para formalizar unha coalición electoral de cara ás eleccións galegas do 5 de abril. Unhas condicións que pasarían porque Antón Gómez-Reino sexa o candidato á Xunta e pola división de distintos postos de saída, dous dos cales serían para Podemos, outro para Anova e outro para EU.

Yolanda Díaz (IU), Xosé Manuel Beiras (Anova) y Pablo Iglesias (Podemos)
Yolanda Díaz (IU), Xosé Manuel Beiras (Anova) y Pablo Iglesias (Podemos)

Póñense fin así a varias semanas de tensións entre as direccións de Podemos e Anova, tras a decisión de Gómez-Reino de presentar a súa candidatura as listas de Podemos Galicia para liderar, despois, as da candidatura de confluencias. Unha decisión que deixou sen posibilidades de presentarse a Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago 

O tamén responsable de relacións políticas de Anova foi moi duro o pasado domingo nunha entrevista na Ser acusando a Unidas Podemos de "preferir obter un peor resultado" nas urnas a chegar a un acordo con eles. "A unidade popular non só é o federalismo de Unidas Podemos, é tamén o soberanismo, tamén o municipalismo, todo o que deu razón de ser aos resultados que obtivemos", explicaba, rememorando os éxitos das mareas locais do 2015 e a segunda praza alcanzada pola xa rota plataforma En Marea.

Tras estas duras declaracións, o propio Noriega e Gómez-Reino estiveron mantendo intensas conversas desde o luns pasado, con chamadas e intercambio de impresións, e mesmo reunións físicas, case todos os días para tentar fechar un acordo que "satisfaga" a todas as partes.

LONGAS NEGOCIACIÓNS

E ese principio de acordo foise fechando xa o pasado mércores, ultimado este xoves e ratificado xa na tarde do xoves polas mareas afíns a Anova, Marea Atlántica e Compostela Aberta, e pola propia dirección de anova durante a mañá deste venres. A militancia de Podemos tamén ratificou a posibilidade de ir en coalición e que esta leve as siglas de Galicia en Común e a de Podemos. Así, a coalición levaría este nome --as siglas impostas por Unidas Podemos--, e que xa se utilizaron nas pasadas eleccións xerais, pero nas papeletas tamén figurarían as siglas dos tres partidos; Podemos, Esquerda Unida e Anova. 

Bico entre Pablo Iglesias (Podemos) e Yolanda Díaz (Esquerda Unida) en Vigo
Bico entre Pablo Iglesias (Podemos) e Yolanda Díaz (Esquerda Unida) en Vigo | Fonte: Miguel Núñez.

Fontes da negociación consultadas por GC suliñan que xa hai un principio de acordo para o reparto nas listas que sería sobre 55% para Unidas Podemos e 45% para Anova e as súas mareas. Con todo, o importante deste reparto está nos postos de saída, e aí Podemos reservase ser cabeza de lista en dúas provincias --poderían ser A Coruña e Ourense--, Anova noutra --Lugo-- e EU, a cuarta, Pontevedra, que podería encabezar a líder de EU, Eva Solla.

Tamén hai problemas para encaixar os segundos postos desas listas, sobre todo, en Pontevedra e na Coruña. Podemos podería ceder o segundo posto da Coruña para Anova sempre e cando sexa unha muller, pero se reservaría entón o número tres nesa provincia e o segundo de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

11 Bateiro

Boxing made in spain. Inicia a tempada de boxeo na esquerda espanholeira, nun rincón os unionistas espanhois do PCE e no outro os folkogastronomistas do Beiras. Abrénse as apostas con permiso do ministro do ramo. Agora se entende ben a normativa da publicidade para as apostas, Cómo se non sacar rédito da súa afeizón?

10 Rafael Xoán

Pois xa quedou claro q só se discute por postiños e o q manda vive en Madrid

9 caxancran

vai ser moi bonito de ver como quedan na casiña e voltan a facer malabares ou as casas ocupadas estes parasitos. non abonda os que estan en San Caetano que temos que aturar este estrume.

8 Desfeita

Doma e Castración sería un bo nome para esta candidatura.

7 caxancran

que vaian..... a tomar polo cu. quen a ferro mata a ferro morre. traidores ao seu Pais e cipaios.

1 Breijar

Parece que estás a falar do BNG. A definición é perfecta. 😏😏😏