Temas: BONILLA PATACA

A Xunta valora que a calidade da pataca galega dea "a volta ao mundo" con Bonilla a la Vista no oscarizado filme 'Parasitos'

O conselleiro de Medio Rural visita as instalacións da fábrica en Arteixo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2020 | Actualizada ás 20:42

Comparte esta noticia

O conselleiro de Medio Rural, José González, visitou este luns as instalacións de Bonilla a la Vista, en Arteixo, onde valorou que a calidade da pataca galega dea "a volta ao mundo" grazas a que esta marca sae nunha escena de 'Parasitos', a última gañadora do Óscar a mellor película.

Destaca a transformación de produtos desta empresa familiar que afianza o seu prestixio a nivel internacional. Así mesmo, remarca que Bonilla a la Vista é un dos beneficiarios destas achegas, coas que puido ampliar a fábrica e instalar unha estación de depuradora de augas.

Ademais, o conselleiro remarca que esta empresa aposta pola diversificación ao tamén apoiar a súa actividade de elaboración de churros.

Así mesmo, José González aproveitou a súa visita para pór en valor a indicación xeográfica protexida de Pataca de Galicia, cun valor económico superior ao seis millóns de euros en 2018 e na que están rexistrados máis de 70 produtores da comarca coruñesa de Bergantiños, a ourensá da Limia, en Lugo, Lemos, Terra Cha e A Mariña.

Temas: BONILLA PATACA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta