Por Galicia Confidencial | Ourense | 17/03/2020 | Actualizada ás 13:27
Un vertido de augas residuais percorreu onte un tramo do río Miño ao seu paso por Ourense. Tratábase de “augas fedorentas con moita carga orgánica e escuma de cores” que foi localizada fronte a Santa Cruz de Arrabaldo.
Segundo fontes ecoloxistas o vertido saíu dunha tubaxe que vai dar a unha planta de procesamento de produtos avícolas pero, polo momento, non se coñece o responsable. O feito xa foi comunicado ao 112 e Amigos da Terra e Sociedade Galega de Historia Natural anunciaron a intención de presentar unha denuncia formal.
Este feito ten lugar dous días despois de porse en marcha o Estado de Alerta en todo o estado o que implica restrición de movementos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.