O senador do PP e exalcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, positivo en Covid-19

Asegura que se atopa "ben" e que "non ten síntomas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2020 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

O senador do Partido Popular e exalcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, informou este xoves de que deu positivo nas probas de coronavirus.

En vídeo publicado no seu perfil de Twitter, o que tamén fora conselleiro de Educación do goberno de Alberto Núñez Feijóo asegurou que se atopa "ben" e que "non ten síntomas".

"Hoxe confirmáronme: dei positivo en coronavirus. Non teño síntomas, pero desde o 12 de marzo, cando souben que unha persoa próxima a min enfermara (así o comuniquei ás autoridades sanitarias e por iso me fixeron a proba), metinme na casa de motu propio", sinala Vázquez Abad nunha mensaxe que acompaña o vídeo publicado.

O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad. EUROPA PRESS - Arquivo
O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta