“É un home de triste figura”. Así de contundente define o candidato do PSOE en Ourense a quen foi conselleiro e agora é alcalde da cidade. Villarino, alcalde en Amoeiro con maioría absoluta, aspira agora a xestionar a urbe máis grande da provincia. Presume de xestión e de partido, “máis unido que nunca”, e acusa a Pachi Vázquez de danar unhas siglas históricas por “ambicións persoais” e de levar “a un montón de xente con el ao abismo político e á desaparición”. De Baltar augara que quedará “só como alcalde de Esgos, e pouco máis” e de Jácome que é unha “personaxe” pero non descarta dialogar con el sempre que sexa polo ben da cidade.