Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2019 | Actualizada ás 13:08
O ata hai unha semana alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, e a xa expresidenta do PP de Vigo, Elena Muñoz, serán os dous nomes propostos polos populares para ser nomeados senadores por designación autonómica no pleno do Parlamento de Galicia da próxima semana.
Deste xeito, póñense fin ás especulacións que había dentro do propio PP sobre o atraso na elección dos candidatos ao Senado que Feijóo atribuía aos problemas internos de En Marea pero que, en realidade, eran froito dos propios problemas internos do PP tras as eleccións municipais, especialmente, nos ex conselleiros que fracasaron nas grandes cidades e que eran unha aposta persoal do propio presidente da Xunta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.