Feijóo non asume como fracaso ter enviado a cinco conselleiros como candidatos ás cidades

"O problema é que teñen o estigma de ser do Partido Popular. Se fosen do Partido Socialista serían todos alcaldes", apuntou.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/06/2019 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Cinco conselleiros "queimados" en catro anos e sen que ningún deles goberne en ningunha das grandes cidades galegas. A aposta do Partido Popular, e do propio Feijóo, para recuperar catro concellos e manterse no quinto --Ourense--, non funcionou. Con todo, Alberto Núñez Feijóo non asume que teña sido unha decisión súa. "Foi de todo o partido", suliñou.

Elena Muñoz e Nuñez Feijóo na presentación dos orzamentos de 2013
Elena Muñoz e Nuñez Feijóo na presentación dos orzamentos de 2013 | Fonte: Ana Varela

Preguntado por GC na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta Feijóo recalcou que as direccións locais dos partidos "elixen con autonomía" aos seus candidatos nas eleccións municipais. Por iso, considerou que non foi "erro" persoal que que cinco exconselleiros liderasen listas nas cidades e ningún teña posibilidades de gobernar --Jesús Vázquez en Ourense, Beatriz Mato na Coruña, Elena Muñoz en Vigo, José Manuel Rey Varela en Ferrol e Agustín Hernández en Santiago--.

"Se estes conselleiros fosen do Partido Socialista serían todos alcaldes, excepto en Vigo", asegurou, despois de lembrar que na Coruña, Ferrol e Lugo os populares venceron os comicios. "O problema non é a aposta, o problema é que teñen o estigma de ser do Partido Popular. Se fosen do Partido Socialista serían todos alcaldes e sería felicitados por perder as eleccións", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Eva

Concordo coa túa opinión. Desde que goberna, mellor dito, desde que manda este tipo, as mozas e mozos galegos, a maioria con carreiras, tivemos que emigrar do noso país. Nos dez anos que leva, desangrou a Galiza pola parte mais importante, pola xuventude.

1 Ling Chung

Son dous problemas amado líder. O PP comeza a ser un incordio para moitos galegos e sorte que tés que miles de persoas novas tiveron que marchar que, se non, sería peor e, ademais, como conselleiros foron unhas nulidades, non creo que o fixese peor o "cocedor da brea".