O cómodo futuro dos ex conselleiros que fracasaron na política municipal

Foron apostas persoais de Feijóo que colleitaron sonoros fracasos. Hoxe ocupan importantes postos na administración pública por designación directa do Partido Popular.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/09/2019 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Elena Muñoz, Jesús Vázquez e, agora, Agustín Hernández. Todos eles teñen en común ser ex conselleiros do Goberno da Xunta baixo a batuta de Alberto Núñez Feijóo, e tamén liderar listas do PP en grandes cidades nas que colleitaron sonoros fracasos. Pero, a pesar de todo, a súa vida política continúa, aínda que lonxe do espazo municipal.

Precisamente, o ter asumido postos de importante relevancia política dentro da Xunta tenlle aberto as portas a outras institucións. E o certo é que estes tres grandes colaboradores de Feijóo no Goberno galego, que logo pasaron á política municipal por estreito desexo do presidente galego, continúan a súa carreira en órganos coma o Senado o u Consello Económico e Social (CES).

A oposición fala xa, directamente, de "portas xiratorias", aínda que o PP di que se recalan nesta institución é pola súa valía propia. Sexa ou non valía, o caso é que Muñoz e Vázquez acabaron no Senado, e Hernández, no CES, logo de non ter sido quen de acadar as alcaldías de Vigo, Ourense e Santiago.

O último en ser recolocado noutra institución pública foi o exconselleiro e exalcalde compostelán Agustín Hernández, proposto polo PP para presidir o CES posto que deixou vacante Corina Porro, outra política que chegou a ese cargo tras ser alcaldesa de Vigo.

CORINA PORRO, JESÚS VÁZQUEZ E ELENA MUÑOZ

Feijóo decidiu rescatala tras as sucesivas debacles electorais nesta cidade. Así que encomendoulle a delegacion da Xunta en Vigo pouco tempo despois de porse á fronte da xestora da agrupación local do PP na cidade olívica para tentar conter e aumentar as posibilidades dun PP, que en Vigo, quedou en cotas mínimas históricas de apoio nas pasadas eleccións municipais.

Hernández saíu do Goberno de Feijóo no seu día para asumir a Alcaldía compostelá nun convulso mandato --antecedéronlle no cargo os tamén populares Gerardo Conde Roa e Ángel Currás--, e tras ser rexedor uns meses tivo que deixar o cargo tras a victoria de Martiño Noriega con Compostela Aberta. Pasou catro anos na oposición, volveuse presentar, e volveu perder, desta volta contra Sánchez Bugallo.

Camiño semellante tiveron Muñoz e Vázquez. Os dous, ao igual que Hernández, saíron da Xunta para tentar facerse coas alcaldías de Vigo e Ourense. Muñoz colleitou unha importante derrota, moito menor da que sería a segunda, nas últimas municipais. Vázquez, pola súa banda, conseguiu ser alcalde pero moi lonxe da maioría absoluta o que provocou que nos últimos comicios o PP deixara de ser a forza máis votada.

MATO E JOSÉ MANUEL REY

Queda por ver que pasará con José Manuel Rey e Beatriz Mato. Os ex conselleiros de Política Social e de Medio Ambiente tamén deixaron a Xunta a petición de Feijóo para liderar as listas do PPdeG en Ferrol e na Coruña. Ao igual que os seus compañeiros tamén colleitaron sonoros fracasos. Agora exercen como voceiros populares nestes concellos. Por iso, algunhas voces no PP apuntan que os seguintes en ser "recolocados" serán eles.

REACCIÓNS

Tras o último nomeamento de Hernández para a Presidencia do CES, desde o PP apresuraronse a felicitalo. "Sobre Agustín Hernández non teño máis que boas palabras", sinalaba Puy Fraga. Na Xunta, o responsable dos populares de Pontevedra e vicepresidente, Alfonso Rueda, salientaba o seu traballo e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, a valía e "experiencia enorme" de Hernández para estar á fronte do CES.

Fronte a esta oposición, toda a oposición puxo o foco en que se trata dunha decisión "partidista". Así,o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero lamentou que Feijóo "use" o CES para "colocar a amigos que perden eleccións". "Primeiro colocou a Corina, que perdeu en Vigo; agora coloca a Agustín Hernández, que acaba de recibir unha nova derrota electoral en Santiago".

Pola súa banda, Manuel Lago, incidiu en que o perfil "non se corresponde" co que require o cargo. "É unha mostra máis do uso partidista do PP para ir colocando ás persoas do seu partido para que teñan un emprego, un salario e status de poder".

Tamén Ana Pontón (BNG) incidiu no "uso partidista" do CES, que "o único que fai é danar a súa credibilidade". "O único mérito de Hernández foi perder as pasadas eleccións e o PP está a buscar solucionar un problema interno á conta de colocar algunhas persoas en institucións".

Tamén desde o Grupo Mixto, o deputado Luís Villares constatou que este é un caso de "porta xiratoria" e rexeitou tamén o "uso partidista das institucións públicas ao servizo do PP". "Non hai nada de respecto ao CES, as institucións do autogoberno de Galicia ven socavadas polo desprestixio de que se usan para colocar a membros do PP fracasados electoralmente", lamentou.

Agustín Hernández , alcalde de Santiago, nun evento organizado por El Correo Gallego
Agustín Hernández , alcalde de Santiago, nun evento organizado por El Correo Gallego

Feijóo cos novos conselleiros de Educación e Cultura, Román Rodríguez, e Facenda, Valeriano Martínez, xunto cos seus antecesores Jesús Vazquez e Elena Muñoz
Feijóo cos novos conselleiros de Educación e Cultura, Román Rodríguez, e Facenda, Valeriano Martínez, xunto cos seus antecesores Jesús Vazquez e Elena Muñoz | Fonte: Xunta
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xaquín

Lo más escandaloso es lo de Jesús Vázquez, el peor alcalde que los orensanos conocieron. No hizo absolutamente nada en cuatro años. Ni siquiera fue capaz de aprobar un presupuesto. Y también Elena Muñoz, que redujo el antaño potente PP vigués a la marginalidad.