Denuncian a propaganda do alcalde de Ourense da reforma do Pavillón dos Remedios en plena campaña electoral

O PSOE e Democracia Ourensana presentan denuncias ante a Xunta Electoral.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2019 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

O PSOE e Democracia Ourensana presentaron denuncia, respectivamente, ante a Xunta Electoral contra a "propaganda" do alcalde da cidade das Burgas, Jesús Vázquez, realizada desde o Salón de Plenos, ao anunciar un proxecto de reforma do Pavillón dos Remedios.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez (PP).
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez (PP).

Os socialistas critican que se rescate un proxecto gardado 14 meses "nalgún caixón" e que agora, "de casualidade", se acorde "sacalo a pasear ante os medios" a "uns días de ir votar", articulando a "suposta firma" dun novo convenio. Neste sentido, advertiron que a Lei Orgánica del Régimen Electoral General "prohibe estas prácticas, que prexudican á democracia e ás institucións públicas".

Pola súa banda, a formación liderada por Gonzalo Pérez Jácome critica que se anuncie esta remodelación "pola vía de urxencia" que, nun primeiro momento e "inexplicablemente", non tivo "luz verde" por parte do Goberno galego pero que, "agora e en plena campaña electoral", se acepta financiar as obras "integramente".

"Unha clara e flagrante utilización das institucións con fins de propaganda electoral partidista e que contravén a lexislación", sinala.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

cando menos en Ourense existe alguén que denuncie pois hoxe en Vigo están traballando tódalas contratas de Caballero para rematar as obras de Travesas-Camelias-Venezuela (que levan ano e medio sen rematar... https://flic.kr/p/29bYK5T ) pero que hoxe Día das Letras Galegas están traballando a tope para que todo quede bonito antes de meter a papeleta o domingo!) E aquí nin dios abre a boca !!!