Sanidade di que a atención ao paciente que morreu en Lalín foi "adecuada"

Atribúe a tardanza da ambulancia a que houbo dúas chamadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2020 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asegurou este mércores que a atención ao paciente que faleceu o luns na PAC de Lalin tras esperar 36 minutos a ser trasladado por unha ambulancia foi "adecuada" e atribuíu os tempos a que houbo dúas chamadas de alerta.

En resposta a preguntas dos medios, Almuiña dixo que durante os 36 minutos nos que o paciente esperou por unha ambulancia producíronse "dúas chamadas" a emerxencias, a primeira delas "sen prioridade médica segundo os criterios do médico do 061" que a atendeu.

Foi a segunda chamada na que se deixou constancia do agravamento do paciente, e despois da que, dixo o conselleiro, o paciente foi trasladado ao momento de Atención Continuada de Lalin, onde foi "tratado polo equipo completo".

Os sanitarios "fixeron as actuacións necesarias" alí, dixo Vázquez Almuiña, a pesar das cales o paciente, con "complicacións", "desgraciadamente non puido superar" a situación e terminou falecendo.

En todo caso, o conselleiro afirmou que o paciente "foi tratado adecuadamente por un equipo completo da PAC" e o traslado fíxose "seguindo dúas chamadas diferentes" e os "criterios dos facultativos do 061".

A Asociación O Defensor do Paciente remitiu unha carta ao fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, para que investigue esta morte, que foi denunciada polos Socialistas de Lalín.

O home, de 74 anos, faleceu na noite de luns por complicacións nas patoloxías cardiorrespitarias que padecía. Fíxoo no Punto de Atención Continuada (PAC) do centro de saúde de Lalín, ao que foi trasladado por unha ambulancia desprazada desde Chantada, a 40 quilómetros de Catasós, a parroquia lalinense na que residía e á que tardou 36 minutos en chegar a dotación de Urxencias Sanitarias 061.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, no Parlamento
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, no Parlamento | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Braisiño

Alguén viu a noticia na Voz de Galicia ou no Correo? Calquera problema da Xunta de Feijoo, arranxáse enseguida cunha boa subvención millonaria ou convenio coa prensa sumisa e mercenaria galega. Claro, con diñeiro público. E moita máis en época electoral.