Baltar mostra "respecto absoluto" pola decisión de Jesús Vázquez de seguir como concelleiro tras ser nomeado senador

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mostrou o seu "respecto absoluto" ante a decisión do ex rexedor ourensán, Jesús Vázquez, de manter a súa acta como concelleira no Concello e seguir á fronte do PP local tras ser nomeado senador.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2019 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mostrou o seu "respecto absoluto" ante a decisión do ex rexedor ourensán, Jesús Vázquez, de manter a súa acta como concelleiro no Concello e seguir á fronte do PP local tras ser nomeado senador.

Pleno da Deputación de Ourense.
Pleno da Deputación de Ourense. | Fonte: Europa Press

"É unha decisión absolutamente respectable e que entra dentro da esfera persoal", manifestou Baltar á saída do pleno extraordinario celebrado este martes para aprobar as actas da anterior sesión.

Na súa intervención, Baltar dixo descoñecer se se trata dunha decisión definitiva. "Jesús e eu falamos a diario pero nunca de prazos", explicou. "Simplemente dixo, desde o primeiro instante, que ía permanecer dentro do grupo sen ningunha competencia e así o fixo", engadiu.

O vindeiro venres, 28 de xuño, terá lugar o pleno de conformación do goberno provincial. O ente provincial, do mesmo xeito que o Concello, estará gobernado por unha coalición PP-DO que daría como resultado un goberno conformado por 12 deputados do Partido Popular e dous de DO.

Segundo o acordo asinado entre o presidente provincial dos populares, Manuel Baltar, e o líder de DO, Gonzalo Pérez Jácome, un dos deputados de Democracia Ourensana será vicepresidente. Aínda está por confirmar se se tratará de Armando Ojea ou Miguel Caride.

Tamén haberá un membro de DO na Xunta de Goberno do goberno provincial. Á súa vez, os de Jácome ostentarán a presidencia da Comisión de Economía e Facenda da Deputación e terán unha área delegada, aínda por determinar, a falta das conversacións que se iniciarán a partir deste venres, segundo explicou Manuel Baltar.

Á marxe da conformación da nova corporación, o deste martes foi un pleno extraordinario moi breve e marcado polas mostras de despedida entre deputados e a fotografía de familia de rigor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta