Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/03/2020 | Actualizada ás 12:01
A Garda Civil denunciou unha persoa que estaba a facer exercicio físico incumprindo a restrición de movemento establecida no Real Decreto 463/2020 polo que se declara o estado de alarma. Ademais para evitar ser denunciado finxiu atoparse mal, reproducindo os síntomas do COVID-19, facendo que os axentes mobilizasen a medios sanitarios, segundo informa a Benemérita.
A actuación tivo lugar cando axentes do Sector de Tráfico da Garda Civil da Coruña, que se atopaban na autovía do Salnés (AG-41), á altura do municipio de Meaño (Pontevedra), observaron unha persoa facendo exercicio físico nunha vía paralela a esta autovía.
Cando os axentes foron a identificalo alegou primeiro estar indocumentado e logo descoñecer a obriga do estado de alarma. "Pero ao ver que as súas versións non funcionaban, finxiu atoparse mal, reproducindo os síntomas da COVID-19, facendo que os axentes adoptasen as medidas protocolarias establecidas e mobilizar a medios sanitarios".
Durante a espera dos servizos sanitarios, "e vendo que co seu 'teatro' non evitaría ser denunciado, os supostos síntomas desapareceron repentinamente, polo que, sen asistencia sanitaria, o cidadán infractor foi escoltado ao seu domicilio polos axentes, onde foi denunciado e confinado".
Desde Garda Civil recoméndase colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e coas autoridades sanitarias en cumprimento o Real Decreto do estado de alarma.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.